cabra
(< lat capra)
-
[ANIMAL]
-
s
f
Mamífero do xénero Capra, da familia dos bóvidos, de pezuño fendido, constitución forte e extremidades áxiles. Teñen o rabo moi curto e levantado e a cabeza de perfil recto. Os machos chamados cabróns ou castróns, presentan case sempre na mandíbula inferior unha barba, e baixo a gorxa dous colgallos; baixo a cola, disponse unha glándula que desprende un cheiro acedo característico. Os cornos, que son máis grandes nos machos, adoitan ser rugosos ou anelados, e retórcense cara a arriba e cara a atrás, moi diverxentes entre eles, ás veces revirados en espiral. A xestación ten unha duración duns cinco meses e nacen en cada parto unha ou dúas crías; as cabras novas, machos ou femias, chámanse chibos. As cabras viven en rabaños e posúen unha grande axilidade para saltar e camiñar polos lugares rochosos máis difíciles. Aliméntanse de herba, brotes e plantas en xeral. Agás a cabra doméstica, que estivo moi espallada desde a Antigüidade e que deu lugar a numerosas razas, as outras habitan nas rexións montañosas de Europa, do centro e do sur de Asia, do norte de África e dalgúns lugares de América. A cabra doméstica (C. hircus), derivada posiblemente da cabra do bezoar (Capra aeagrus), ten o pelo dunha coloración variable (branco, gris, marrón, vermello, negro) e críase especialmente para a obtención de leite, carne e pel. A produción media anual de leite por cada animal é de 900 litros. O leite deste animal doméstico utilízase fresco na alimentación humana ou na elaboración de derivados lácteos, fundamentalmente queixos. A súa carne, saborosa e consistente, é comestible e resulta apta para guisos e asados. O seu consumo é obxecto de tradición e de devoción gastronómica secular. Aprécianse fundamentalmente as súas crías, os cabritos, por resultar unha vianda máis tenra e de aroma máis delicado. É prato característico das festas da Ascensión en Santiago. En canto á explotación da súa pel, destacan a de caxemira ou tibetana e a de angora.
-
cabra alpina
[Capra ibex, Fam dos bóvidos] Cabra de ata 1,5 m de lonxitude, con cornos curvados cara a atrás nun mesmo plano. Vive en zonas montañosas de Asia central, no Himalaia, en Arabia e África nororiental e nos Alpes.
-
s
cabra das neves
[Oreamno
-
cabra montesa
[Capra pyrenaica, Fam dos bóvidos] Cabra exclusiva da Península Ibérica, de ata 140 cm de lonxitude, cun pelame de cor castaña no verán e grisada con manchas negras no inverno. Os machos son de maior tamaño ca as femias e presentan cornos grosos, longos e curvados de forma sigmoidea. Propia de zonas abruptas, está adaptada a vivir sobre rochedos onde, grazas á capacidade de dixerir ata o 80% da celulosa, aproveita a escasa vexetación. É unha especie gregaria, os machos compiten polas femias en pelexas nas que chocan os cornos tras levantarense sobre as patas traseiras. Describíronse catro subespecies: C. pyrenaica vitoriae, que vive na serra de Gredos e da que a principios do s XX só quedaba unha poboación dunha ducia de exemplares que, trala súa protección, chegou a máis de 10.000; C. pyrenaica hispanica, con poboacións illadas na franxa oriental e suroriental da Península, constituídas por varios miles de exemplares, pero que sofren graves descensos como consecuencia de enfermidades como a sarna, a brucelose ou a tuberculose; C. pyrenaica pyrenaica, propia dos Pireneos e extinguida ao final do século XX; e C. pyrenaica lusitanica, especie galega que se estendía desde a serra do Gêres ás montañas cantábricas e que se extinguiu a finais do s XIX. No Parque Natural da Baixa Limia-serra do Gêres reintroduciuse ao final do s XX a subespecie C. pyrenaica vitoriae.
-
s
f
-
[ANIMAL/ICT]
-
s
f
[Serranu
-
s
cabra de altura
[Heli
-
s
cabra de mar
[Pontinu
-
s
f
-
s
f
[ANIMAL/ENTOM]
Percebellas acuáticas das familias dos vélidos e dos xérridos, que viven na superficie da auga, en zonas calmas ou de corrente lenta. Teñen uns peliños hidrófugos no abdome que lle dan un aspecto prateado, e as unllas dispostas a unha certa distancia do extremo das patas para non rozar coa superficie da auga. Desprázanse remando co segundo par de patas, mentres que co último gobernan a dirección; reservan o primeiro para a captura das presas. Depredan pequenos insectos que emerxen do seo da auga ou insectos alados que caen nela, detectándoos polas lixeiras vibracións que estes provocan na superficie. Entre elas tamén utilizan as vibracións como unha especie de código morse co que comunican a receptibilidade sexual. Reciben o nome de cabras cegas ou cabras tolas, por mor das antenas que semellan pequenos cornos e polos saltos cos que sorprenden as presas ou foxen dos conxéneres e dos inimigos.
-
s
f
[PESCA]
Cabeza de oito ou nove mallas da arte de pesca con veta.
-
s
f pl
Herbas ou pallas que quedan sen segar.
-
s
f pl
Ronchas vermellas que se forman na pel a causa de estar preto do lume.
-
cabra do monte
[ANIMAL/ORNIT]
avelaiona.
Frases feitas
-
A cabra cega, monte aberto. Deixar a cadaquén coas súas cismas.
-
A cabra da miña veciña sempre dá máis leite ca a miña. Sempre parece mellor o dos demais.
-
Aire de cabra fanada. Vento que anuncia tempo de chuvia e frío.
-
Estar coma unha cabra. Estar tolo.
-
Nunca unha cabra tivo un cabrío. Aplícase a quen presume moito do que ten.
Refráns
- Á cabra cega, monte langa.
- A cabra é tola: por ande vai unha van todas.
- Ás veces a cabra polo coitelo laia.
- Cabra, viña e harta, o seu dono á porta.
- SaItou a cabra na viña e tamén saltará a filla.