Cabra
Cabra
Municipio da provincia de Córdoba, na Comunidad Autónoma de Andalucía, á beira do río Cabra (20.707 h [1996]). É un centro agrícola, destacando o cultivo de hortalizas, árbores froiteiras, cereais e oliveiras, e comercial. A súa industria deriva da agricultura e produce aceites, conservas vexetais e xabóns. Destacan as murallas árabes, o pazo do duque de Sessa, as igrexas da Asunción, gótica, e de Juan Bautista (s XVII) e o convento dos agostiños.