Cabrera Varela, Julio
Politólogo. Doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como profesor de socioloxía. Iniciouse na investigación con Juan Luis Pintos, con quen realizou varios traballos sobre metodoloxía, socioloxía política e teoría sociolóxica. Posteriormente, xunto con Ramón Máiz, centrouse no estudo das identidades colectivas, os estudios de opinión e os partidos políticos, especialmente no ámbito galego. Colaborou con diversas publicacións periódicas galegas, entre as que sobresaen Grial, Ágora ou Tempos Novos, e en libros colectivos como Os nacionalismos en Europa: pasado e presente (1994). É coautor, xunto con Máiz, da edición crítica de Sempre en Galiza de Castelao. Así mesmo, é autor de As fontes da socioloxía (1987), O combate dos deuses: unha introdución a Max Weber (1990) e La nación como discurso: la estrutura del sistema ideológico nacionalista, el caso gallego (1992).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela