Cabrón

Cabrón

Río afluente do Lengüelle pola esquerda, na conca do Tambre. Nace en Mesón do Vento, na parroquia de Ardemil (concello de Ordes). O seu curso adopta unha dirección basicamente meridiana (N-S), que mantén ata chegar á altura da vila de Ordes, á que rodea polo L. Alí vira cara ao SO, mantendo a nova dirección ata a súa desembocadura no límite entre as parroquias (e concellos) de Montaos (Ordes), Trasmonte (Oroso) e Leobalde (Tordoia). Drena unha conca de 87 km2, achegando un caudal de 2,8 m3/s.