cacafede
Nome que reciben as percebellas heterópteras, especialmente as das familias dos pentatómidos e dos coreidos. O corpo é aplanado e ten forma de escudo, cun escutelo triangular de gran tamaño. O primeiro par de alas está dividido nunha rexión basal, de consistencia dura, e nunha rexión extrema membranosa; o segundo par é completamente membranoso e apto para o voo. Presentan principalmente cores verdes ou castañas, aínda que algunhas especies teñen cores e deseños aposemáticos. A maioría producen, nunhas glándulas próximas ás patas posteriores, unha secreción aceda de cheiro moi desagradable que é expulsada polo animal ao sentirse ameazado e co que pretende disuadir os depredadores. Aliméntanse de zugar en plantas e eirugas, e son especialmente molestas para o home as que se atopan nos acios en tempo da vendima.