Cachafeiro Bugallo, Avelino
Gaiteiro. Coñecido como O gaiteiro de Soutelo, naceu nunha familia con tradición musical xa que tanto o seu avó, Xoán Cachafeiro, como o seu pai, Fermín Cachafeiro Balado, tiñan sona de bos gaiteiros. Comezou a afeccionarse á gaita aos doce anos, aprendendo as técnicas do seu avó e practicando coas gaitas que o seu pai lle regalara ao decatarse do seu interese polo instrumento. Anos máis tarde, no remate da Primeira Guerra Mundial, formou xunto con dous dos seus irmáns, Bautista e Castor, e mailo seu pai Fermín o grupo Os gaiteiros de Soutelo. Na década dos vinte foi nomeado gaiteiro da Sociedade Artística de Pontevedra e en xullo de 1924, nun concurso celebrado en Santiago de Compostela, obtivo o galardón de Mellor Gaiteiro de Galicia. Como poeta publicou en 1969 o poemario Voando coas aas da vida, conxunto de poesías que reflicten as súas vivencias persoais e as de toda unha colectividade galega, coa paixase galega de fondo e cunha visión humorística da vida. Dedicouse tamén á pintura con cadros como Cruceiro da consolación, Autorretrato ou San Antoniño de Cerdedo.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Soutelo de Montes, Forcarei -
Deceso