Cadalso de los Vidrios
Cadalso de los Vidrios
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao SO da provincia, no límite con Toledo (2.217 h [1996]). A agricultura (hortalizas e vides) é a base da súa economía. Foi un importante centro vidrieiro nos ss XVI e XVII. Hai restos do pazo renacentista de Villena (s XV).