Cadernos
Cadernos
Publicación de carácter reintegracionista aparecida en 1988 na Coruña. Tiña como subtítulos “Para uma revisão da historiografia medieval” e “Para unha revisión da Historia antiga, medieval e moderna”. Foi coordinada por J. Carlos Díaz Camacho e composta por Sabela Pérez Quintela. Na súa redacción participaba a Equipa Revisionista Afonso X. Estaba dividida nas seguintes seccións: “Editorial”, “Ensayos”, “Recortes”, “Bibliografia”, “Novas” e “Livros”.