Cadós

Cadós

Río afluente do Limia pola dereita. Nace da confluencia de varios regos no Outeiro das Motas, na parroquia da Fraga (concello de Lobeira). O seu curso adopta unha dirección O-L coa que penetra nas parroquias e concellos de Bangueses (concello de Verea) e Corvelle (concello de Bande). Neste treito recibe os nomes de río do Foxo ou río dos Cochos. Chegando ao límite entre as parroquias de Corvelle e Calvos, vira cara ao S adoptando a dirección que mantén polas parroquias de Cadós e Os Baños ata a súa desembocadura, no encoro das Conchas, na parroquia de Nigueiroá (concello de Bande).