Cafrune, Jorge Antonio
Cantante e guitarrista arxentino. En 1957 estableceuse en Salta, onde cantou no bar Madrid. Logo integrouse en Las Voces del Huayra, ata 1959, e formou parte de Los Cantores del Alba. Comezou como solista no ano 1961, actuando na radio, na televisión e en teatros. En 1972 viaxou a España, onde residiu ata 1976. O seu repertorio abrangue temas de Atahualpa Yupanqui, Aníbal Sampayo ou Osiris Rodríguez Castillejos, entre outros músicos e compositores. Realizou xiras por Arxentina, EE UU, España e diferentes países europeos. Gañou o segundo premio no Festival Odol de la Canción coa zamba Que seas vos, de Marta Mendicute. Un dos seus maiores éxitos foi Zamba de mi esperanza. Na súa discografía destacan, ademais, Labrador del canto (1971) e La historia de Jorge Cafrune (1973), entre outros títulos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Perico del Carmen, Jujuy -
Deceso
Lugar : General Pacheco, Bos Aires