Cagiao Vila, María del Pilar

Cagiao Vila, María del Pilar

Americanista. Profesora de historia de América na Universidade de Santiago de Compostela, é doutora en Historia de América pola Universidad Complutense de Madrid e diplomada en arquivística e documentación pola Biblioteca Nacional. As súas investigacións céntranse no estudo da emigración galega ao continente americano. Publicou o libro Muller e emigración (1997) e compilou Galegos en América, americanos en Galicia (1999). Entre outros proxectos, foi responsable da catalogación temática dos fondos da Biblioteca América (1994-1999). Membro do Consello da Cultura Galega, é directora do Arquivo da Emigración Galega e editora da Revista de Estudios Migratorios.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña