cahita
cahita
-
adx
Relativo ou pertencente aos cahitas ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo da tribo amerindia cahita.
-
s
[ETN]
Tribo amerindia que habitaba no noroeste de México, á beira dos ríos Sinaloa, Fuerte, Mayo e Yaqui. Cando contactaron cos conquistadores españois, no 1533, a súa poboación ascendía a uns 100.000 individuos. As principais tribos que sobreviven son os mayos e os yaquis.
-
s
m
[LING]
Lingua falada polos cahitas, pertencente á familia uto-azteca. Comprende varios dialectos entre os que se conservan os falados polos indios mayo e yaqui.