cahita

cahita
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cahitas ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo da tribo amerindia cahita.

  3. s [ETN]

    Tribo amerindia que habitaba no noroeste de México, á beira dos ríos Sinaloa, Fuerte, Mayo e Yaqui. Cando contactaron cos conquistadores españois, no 1533, a súa poboación ascendía a uns 100.000 individuos. As principais tribos que sobreviven son os mayos e os yaquis.

  4. s m [LING]

    Lingua falada polos cahitas, pertencente á familia uto-azteca. Comprende varios dialectos entre os que se conservan os falados polos indios mayo e yaqui.

Palabras veciñas

caguiñas | cagulo | caguña | cahita | Cahn, Edward L. | Cahner i Garcia, Max | Cahors