caínza
caínza
(< cana)
-
s
f
Armazón de canas, varas ou vimbios entretecidos, utilizada para diversos usos.
Sinónimos: caínzo, caniza, canizo. -
s
f
Armazón de táboas, canas, varas ou vimbios entretecidos que se coloca nos laterais do carro para soster a carga.
Sinónimos: caínzo, caniza, canizo, ladral. -
s
f
Armazón constituída por varas ou vimbios entretecidos e usada para desfacer terróns e achandar a terra de cultivo.
Sinónimos: caínzo, caniza, canizo. Confrontacións: grade. -
s
f
Cancela feita de paos ou vimbios entretecidos que permite o paso do carro.
Sinónimos: caínzo, caniza, canizo. -
s
f
Armazón de táboas ou vimbios colocada a certa altura sobre o lume para secar ou afumar alimentos.
Sinónimos: caínzo, caniza, canizo. Confrontacións: espeteira, fumeira, varal.