1 cala
(< 2 calar)
-
s
f
Buraco practicado na terra ou nalgún obxecto para examinar o seu interior.
Ex: Están facendo unhas calas arqueolóxicas xunto á muralla.
-
s
f
Incisión feita nunha froita ou noutro alimento co fin de probalo.
Ex: Ós melóns fáiselles unha cala para ver se están maduros.
-
s
f
Porción de terra ou dalgún obxecto que se extrae para ser examinada.
Ex: A cala extraída mostra varios niveis de terreo.
-
s
f
Profundidade dun río, mar ou calquera masa de auga.
Ex: Non sei con seguridade a cala que hai no centro do lago.
-
s
f
Espacio interior dunha embarcación, situado baixo a cuberta de proa ou de popa, xeralmente destinada aos camarotes.
-
s
f
ara que se introduce no cárter dun motor para medir o nivel de aceite.
Ex: Ó retirar a cala do motor non había nin rastro de aceite.
-
s
f
[ARQUIT]
Abertura feita nunha parede para recoñecer os materiais, ver o grosor do muro ou examinar algunha instalación oculta.
-
s
f
[MED]
Instrumento empregado en medicina para examinar a profundidade das feridas ou para explorar as cavidades ou condutos naturais.
-
s
f
[MAR]
-
Cabo de gran grosor usado para arrastrar unha rede.
Ex: Temos que halar a cala para lanzar a rede.
-
Conxunto de boureis que se atan á sineira e que se penden a un cabo forte.
-