Calaf

Calaf

Municipio da provincia de Barcelona, na comarca de Anoia (3.148 h [1996]). Asentado sobre litoloxía calcaria; a actividade económica máis importante é a industria, especialmente a de materiais de construción. Tamén destacan as fábricas de plásticos e de maquinaria, así como as industrias téxtiles e alimentarias.