2 calar

2 calar

(

  1. v t [MAR]

    Facer que unha embarcación alcance máis ou menos profundidade.

  2. v t [PESCA]

    Dispoñer un aparello de pesca dentro da auga.

    Sinónimos: largar.
  3. v t

    Penetrar un líquido nun corpo permeable.

    Ex: Ó caer o viño, caloume a roupa ata o calzón.

    Sinónimos: empapar, encharcar, enchoupar.
  4. v t

    Botar a alguén ou algún obxecto na auga somerxéndoo.

    Ex: Na película víase como calaban un coche na auga.

  5. v t Sinónimos: sondar.
    1. Atravesar un corpo de parte a parte cun instrumento punzante ou cortante.

      Ex: Case calas o mantel co coitelo cando cortaches o pan.

    2. Practicar orificios no papel, no coiro ou nun tecido formando un debuxo.

    3. Facer un calado nun tecido.

    4. Perforar unha froita ou outra cousa para probala ou examinar a súa calidade.

      Ex: Cálame ese melón, a ver se está maduro.

  6. v t

    Colocar un sombreiro ou un gorro ben axustado á cabeza.

    Ex: Calou o pucho ata as orellas.

    Confrontacións: encasquetar.
  7. v t

    Dispoñer unha arma ou un obxecto punzante en posición de ataque.

    Ex: Calaron as baionetas dirixíndose ós inimigos.

  8. v t [MAR]

    Facer baixar unha vela ou unha corda deslizándoa ao longo dun mastro ou dunha verga, por medio dun anel que os guía no seu movemento.

  9. v t

    Ter coñecemento ou adiviñar as calidades, defectos ou intencións dunha persoa.

    Ex: Eu xa o calei a primeira vez que o vin.

  10. v t

    Alcanzar o significado ou o motivo profundo dalgunha cousa.

    Ex: Este ensaio cala os problemas sociais.

  11. v i [MAR]

    Chegar unha embarcación a unha determinada profundidade.

    Ex: O arrastreiro calaba case ata o bordo pola forte marea que ía.

  12. v i

    Penetrar unha cousa ata quedar gravada.

    Ex: A educación relixiosa calou fondo na súa forma de ser.

Conxugar
VERBO 2 calar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calo
calas
cala
calamos
calades
calan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calaba
calabas
calaba
calabamos
calabades
calaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calei
calaches
calou
calamos
calastes
calaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calara
calaras
calara
calaramos
calarades
calaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calarei
calarás
calará
calaremos
calaredes
calarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calaría
calarías
calaría
calariamos
calariades
calarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cale
cales
cale
calemos
caledes
calen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calase
calases
calase
calasemos
calasedes
calasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calar
calares
calar
calarmos
calardes
calaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
cala
-
-
calade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calar
calares
calar
calarmos
calardes
calaren
Xerundio calando
Participio calado
calada
calados
caladas