Calatrava i Valls, Santiago

Calatrava i Valls, Santiago

Arquitecto, enxeñeiro e escultor. Cursou diversos estudios artísticos e arquitectónicos en València e Zúric, cidade onde se estableceu en 1981. Nas súas esculturas predominan as formas xeométricas puras. Realizou obras en diversos países europeos, como a Stadelhofen Railway Station (Zúric, 1984), a estación do TGV en Lyon (1994) ou a estación de Spandau (Berlín, 1991); en España, a ponte do Alamillo (Sevilla, 1991), a torre de telecomunicacións de Montjuïc (Barcelona, 1992), a ponte da Alameda (València, 1995), a sala municipal de Alcoi (1995), o recinto feiral de Tenerife (1996) ou a ponte de Campo Volantin (Bilbao, 1997). En 1993 foi nomeado doutor honoris causa pola Universitat Politécnica de València. Participou na construción da Ciudad de las Artes y las Ciencias de València. En outubro do ano 2000 celebrouse en Florencia a exposición “Calatrava, scultore, ingegnere, architectto”, mostra retrospectiva da súa obra. Foi galardoado no ano 1999 co Premio Príncipe de Asturias das Artes e no 2000 co Meadows das Artes de EE UU.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : València