Caldas, Mar

Caldas, Mar

Artista visual. De formación autodidacta, desde 1985 participou en diversos obradoiros en La Habana, Donostia, Mallorca e Brasil. O soporte da súa poética está centrado na imaxe fotográfica, a partir de instalacións, fotos en branco e negro, e cadros utilizados como obxecto narrativo. A representación do corpo fragmentado acompañado polo texto aparece unida a imaxes rituais que se perciben como xesto dunha simboloxía poética. En 1999 foi bolseira da Fundación Unión Fenosa. Realizou exposicións tanto individuais como colectivas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo