Caldwell, Erskine

Caldwell, Erskine

Novelista norteamericano. É autor dunha obra abundante de carácter naturalista, destacando as novelas Tobacco Road (A ruta do tabaco, 1932) e Deep South (Profundo sur, 1968), onde se observa unha preocupación sociolóxica vinculada a situacións a miúdo cómicas. Foi correspondente de prensa na URSS e tamén escribiu guións cinematográficos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Withe Oak, Xeorxia

  • Deceso

    Lugar : Paradise Valley, Arizona