Calera y Chozas

Calera y Chozas

Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha (3.750 h [1996]). Situado ao SO de Talavera de la Reina, na marxe dereita do Tajo, preto do encoro de Azután. Economía principalmente agrícola (cereais, legumes, viñas, oliveiras) e gandeira, gando lanar, vacún e porcino.