Callitriche
Callitriche
[PLANTA]
Xénero de herbas da familia das calitricáceas, de talos moi delgados e follas enteiras e opostas, de forma lineal ou oblonga de ata 25 mm de lonxitude. As flores, unisexuais e dispostas de xeito illado nas axilas, están reducidas a un estame e un ovario bicarpelar con dous estilos. En Galicia están presentes en charcas e beiras de ríos as especies C. brutia, C. hamulata, C. palustris e C. stagnalis.