calmo -ma
calmo -ma
(< calma)
-
adx
Aplícase ao tempo atmosférico, ao mar ou a unha situación cando está en calma.
Ex: O mar está tan calmo hoxe que apetece pasear en barco. Tivemos días moi calmos para estarmos en inverno.
Sinónimos: apracible. Antónimos: desapracible. -
adx
Aplícase á persoa que está calmada ou que fai as cousas sen apresurarse.
Ex: A xente calma nunca tén présa para ningunha cousa.
-
calmo do sal
Exhalación ou descarga eléctrica que adoita verse na atmosfera.