calmoso -sa
calmoso -sa
(< calma)
-
adx
Que non manifesta alteracións bruscas.
Ex: Anunciaron que chovería, pero está un día moi calmoso. Díxolle toda a verdade con palabras moi calmosas.
-
adx
Que ten ou manifesta tranquilidade de maneira excesiva, sobre todo aplicado ás persoas que presentan un estado de ánimo carente de inquietudes, excitacións ou preocupacións.
Ex: Aínda que lle repitas cen veces que apure, el segue igual de calmoso.