calomelanos
calomelanos
(< calo- + grμέλας,-ανος ‘negro’)
-
s
m pl
[MINERAL]
Cloruro mercurioso, de fórmula Hg 2 Cl 2 . Produto da alteración do cinabrio, preséntase en cristais pequenos e tetragonais. É un mineral pesado, insípido, insoluble e de cor gris ou branca amarelada. Ten dureza 1,6 e peso específico 7,15. Emprégase en medicina como purgante e vermífugo.
-
electrodo de calomelanos
[FÍS/QUÍM]
Electrodo de referencia de fácil preparación e de potencial moi constante, empregado en substitución do electrodo normal de hidróxeno. Consta dun depósito de mercurio cuberto dunha pasta de calomelanos e mercurio, que está en contacto cunha disolución de concentración coñecida de cloruro de potasio saturada de calomelanos.