calona

calona
s f [BIOQ]

Nome xenérico dun grupo de glicoproteínas de secreción interna dos mamíferos adultos, de peso molecular entre 2.000 e 50.000 daltons, que en contacto coas células inhiben a mitose. Segundo Bullough, que as descubriu e lles deu nome, diminúen o número de divisións celulares no momento oportuno para que os tecidos en crecemento non sobrepasen o tamaño óptimo. A existencia deste mecanismo contribúe á comprensión da maneira de cómo se desenvolven os procesos cancerosos cando este non funciona. As calonas son específicas para os tecidos pero non para os animais. Presentan unha acción sinérxica coa adrenalina e cos corticosteroides.