caloría
(< calor)
-
[METROL]
-
s
f
[cal] Unidade de cantidade de calor, desaconsellada polo SI. Definiuse orixinariamente como a cantidade de calor necesaria para aumentar a temperatura dun gramo de auga destilada de 14,5°C a 15,5°C, a presión atmosférica normal constante. De acordo co principio de conservación de enerxía, prefírese definila en unidades de traballo; así, existe a caloría termoquímica, 1 cal th = 4,184 J (1948), a caloría a 15°C ou caloría propiamente dita, 1 cal 15 = 4,168 J (1950), e a caloría IT ou a caloría de táboas internacionais, 1 cal<J>IT</J> = 4,1868 J (1956). Ten como múltiplos a gran caloría ou quilocaloría, 1 kcal = 10 3 cal, e a termia, 1 th = 10 6 cal.
-
caloría gramo/pequena caloría
Caloría, especialmente en oposición a gran caloría.
-
gran caloría
quilocaloría.
-
s
f
-
s
f
[METROL]
Unidade empregada para indicar a cantidade de calor liberada polos alimentos durante os procesos de oxidación. Aínda que o seu uso está moi estendido, o SI aconsella substituíla polo joule (1 J = 0,239 cal); en nutrición utilízanse principalmente os múltiplos quilojoule (kJ) e megajoule (MJ). O sistema SI recomenda tamén substituír o termo calórico e os seus derivados por enerxético e derivados.