calórico -ca

calórico -ca

(< calori- + -ico)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á calor ou á caloría.

  2. s m [FÍS]

    Fluído hipotético indestrutible e imponderable que ocupaba os espacios intermoleculares dos corpos materiais, segundo unha teoría desenvolvida durante o s XVIII, a partir de Joseph Black. O paso espontáneo do calórico dun corpo a outro determinaba variacións de temperatura nos dous corpos. Lavoisier, ao formular a súa teoría dos gases e da respiración, baseouse nesta teoría. Cando os traballos de Rumford (1789) sobre o quentamento dos metais e a fusión do xeo demostraron que a calor non era unha substancia senón un movemento, esta teoría foi totalmente rexeitada.

Palabras veciñas

calorescencia | calori- | caloría | calórico -ca | calorífero -ra | calorificación | calorífico -ca