calvados
calvados
(< topónimo Calvados)
s
m
[ALIM]
Augardente seca de sidra, procedente da Normandía e da Bretaña francesas. A destilación é dobre, como no Cognac, e tamén se avellenta en envases de carballo durante un mínimo dun ano, aínda que pode ser moito máis, en función da súa evolución. No seu momento óptimo faise a coupage, mestura de distintas augardentes para obter o produto desexado. Os únicos calvados con Denominación de Orixe son os do Pays d’Auge. Segundo o tempo de avellentamento reciben as denominacións: Trois étoiles (un ano), Vieux (dous), Vieux reserve (tres), V.S.O.P. (catro), Napoleón (máis de cinco) e así ata trinta anos. Son etiquetas representativas de calvados as de Père Magloire, No Rois, Busnel, Père La Soie e Boulard, entre outras.