Calvin, ciclo de

Calvin, ciclo de
[BIOQ]

Conxunto de procesos bioquímicos que se realizan no estroma dos cloroplastos dos organismos fotosintéticos durante a fase escura da fotosíntese, na que o carbono inorgánico en forma de CO2 pasa a formar parte de distintos glícidos por redución. Pódense distinguir dúas fases: a fase de produción, na que tres moléculas de ribulosa-5-fosfato reaccionan con tres moléculas de CO2, coa produción de seis moléculas de gliceraldehido-3-fosfato e co gasto de nove moléculas de ATP e seis de NADPH; e a fase de recuperación, na que os átomos de carbono de cinco gliceraldehido-3-fosfato, mediante unha serie de reaccións, forman de novo as tres ribulosa-5-fosfato. Descubriuno M. Calvin, J. Bassham e A. Benson entre 1946 e 1953, e tamén se coñece como ciclo do carbono ou ciclo das pentosas fosfato.

Palabras veciñas

Calvià | calvicie | Calvín | Calvin, ciclo de | Calvin, Melvin | calvinismo | calvinista