Calvino, Italo

Calvino, Italo

Escritor. A súa primeira novela, Il sentiero dei nidi di ragno (O carreiro dos niños de araña, Premio Ricione 1946), relata a súa experiencia xuvenil da resistencia italiana; posteriormente evolucionou cara ao humorismo poético e introduciu o marabilloso na súa obra. Son fitos salientables na súa produción os títulos: Ultimo viene il corvo (O corvo vén de último, 1949), onde combinou o realismo existencial con compoñentes de estilo fabulosos e fantásticos; a triloxía formada por Il visconte dimezzato (O vizconde partido ao medio, 1952), Il barone rampante (O barón rampante, 1957) e Il cavaliere inesistente (O cabaleiro inexistente, 1959), que reuniu en 1960 baixo o título xenérico de I nostri antenati (Os nosos antepasados), de contido simbólico e alegórico; a triloxía urbana e realista composta por La speculazione edilizia (A especulación inmobiliaria, 1957), La nuvola de smog (A nube da contaminación, 1958) e La giornata di uno scruttatore (A xeira dun escrutador, 1963); Le cosmicomiche (As cosmicómicas, 1965) e Ti con zero (1967), peculiares incursións na ciencia fición; Le città invisibili (A cidade invisible, 1972); Se una notte d’inverno un viggiatore (Se unha noite de inverno un viaxeiro, 1979), novela onde reflexiona sobre a escritura, o escritor, os personaxes e o mesmo lector; e, no eido do ensaio, Sei proposte per il prossimo millenio (Seis propostas para o próximo milenio), que recolle a súa achega á cátedra Charles Eliot Northon da Universidade de Harvard. En 1980 publicou Una pietra sopra (Unha pedra enriba) onde recolle os ensaios publicados entre 1955 e 1980.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de laegas, La Habana

  • Deceso

    Lugar : Siena, Toscana