Calviño, Xoán
Calviño, Xoán
Pintor. Desenvolveu as súas actividades en Santiago de Compostela. En 1732 traballou na pintura e dourado do retablo maior de San Fiz de Solovio e en 1733 no dourado do altar da capela de san Fernando na catedral de Santiago de Compostela. En 1738 traballou no altar de san Ildefonso na igrexa de Salomé, en 1739 no retablo maior da igrexa prioral do Sar, en 1740 no altar maior da parroquia de Lardeiros e en 1746, con Gregorio Casal, no retablo da capela da Alba da catedral compostelá.