Calvo, Pablo
Calvo, Pablo
Actor cinematográfico. Con oito anos foi o protagonista da película Marcelino, pan y vino, dirixida por Ladislao Vajda en 1954 e reestreada nos anos noventa. O éxito desta produción reflectiuse nas mencións especiais que obtivo en Cannes e Berlín despois de máis de cen días en carteleira. Participou tamén nos filmes: Mi tío Jacinto (1956), Un ángel pasó por Brooklyn (1957) e Barcos de papel (1962).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Madrid -
Deceso