Calvo, Xenaro Xoaquín
Calvo, Xenaro Xoaquín
Mestre galego. Emigrou dende Galicia para instalarse en Montevideo, onde dirixiu, durante varios anos, o Colegio Galaico-Americano e apoiou a reforma educacional que José Pedro Varela comezara en Uruguay. En 1880 colaborou con La Voz de Galicia e, entre 1882 e 1883, con El Eco de Galicia, elaborando artigos sobre a historia e a literatura galega, e cun coñecido traballo antropolóxico sobre os costumes no campo uruguaio titulado “Tres semanas en el campo”. Participou tamén na redacción de El Heraldo Gallego en 1889, xornal que dirixía Ramón García Vicetto. Foi un dos fundadores do Centro Gallego de Montevideo en 1879, no que realizou diversas actividades.