Calvo de Anta, Rosa
Bióloga. Catedrática e directora do departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Entre os seus traballos sobre os solos de Galicia, destacan o cartografado e os estudios da súa fertilidade natural, dos riscos de degradación e contaminación, dos efectos das especies forestais (especialmente o eucalipto) e da presenza de metais pesados. Realizou tamén os plans de ordenación de recursos naturais de Galicia, estudios ambientais para os plans de saneamento das rías galegas e os plans de recuperación de solos e vexetación nos campos eólicos. Publicou, entre outras obras, As especies forestais e os solos de Galicia (1982) e El eucalipto en Galicia. Sus relaciones con el medio natural (1992). Membro do Forest Ecosstem Research Network Project da European Science Foundation e do comité editorial da revista da Sociedad Española de Ciencia del Suelo, foi galardoada co Premio Nacional sobre os estudios de Medio Ambiente do ministerio de Obras Públicas (1981).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vigo