Calvo Garra, Wenceslao

Calvo Garra, Wenceslao

Neuropatólogo e radiopatólogo. Doutorouse en 1950 en Madrid e, entre 1952 e 1958, exerceu a docencia en València onde colaborou na sección de neurobioloxía do Instituto Cajal. Xunto co doutor Miquel descubriu un novo método de tinción histopatolóxica. Interesado polos estudios de tumores, traballou no Laboratorio Nacional de Brookhaven de Nova York, na facultade de Medicina de Winston-Salem, no Instituto Hematolóxico da Universidade de Friburgo (Alemaña) e no Euratom. En 1968 trasladouse á nova Universidade de Ulm. Publicou, entre outras obras, El diagnóstico microscópico de los tumores que se encuentran en el sistema nervioso central mediante el dispositivo de contraste de fases (1954).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lalín