Camacho Abad, Eulogio Marcelino
Camacho Abad, Eulogio Marcelino
Sindicalista e político. Obreiro metalúrxico e militante comunista dende 1935. Nos anos sesenta foi un dos fundadores do sindicato Comisiones Obreras (CC OO), do que foi secretario xeral (1976-1987) e presidente honorífico (1987-1996). O seu activismo político e sindical levouno ao cárcere en varias ocasións entre 1967 e 1976. Foi deputado por Madrid do Partido Comunista de España (PCE) na lexislatura constituínte (1977-1979) e na primeira lexislatura (1979-1982). Escribiu Charlas en la prisión (1974), onde evoca a loita antifranquista e os seus longos encarceramentos, e Confieso que he luchado (1990), un libro de memorias.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Osma, Soria -
Deceso
Lugar : Madrid