Camacho Muelas, Tomás

Camacho Muelas, Tomás

Guitarrista. Realizou estudios musicais en Alacant con José Tomás e posteriormente foi discípulo de Andrés Segovia nun curso de Música en Compostela, así como de John Williams en Castres (Francia). O seu vínculo con Galicia comezou na década dos 70, primeiro no conservatorio de música de Ourense e despois no centro homónimo de Vigo, do que chegou a ser director. Exerceu como docente e impartiu numerosos seminarios en distintos países europeos. O seu repertorio de concertos abrangue unha ampla nómina de autores, entre os que destacan J. S. Bach, Manuel de Falla ou Leo Brouwer, compositor este último que protagonizou un disco monográfico gravado polo propio Camacho e editado no ano 2000.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vilches, Jaén