Camagüey
Camagüey
Capital da provincia homónima, en Cuba (296.601 h [1995]). Situada nunha chaira interior, é o centro dunha rexión agrícola e mineira, e un dos máis importantes centros gandeiros do país. Fundada na desembocadura do río Vertientes en 1514 polo gobernador español Diego Velázquez de Cuéllar, chamouse Santa María del Puerto Príncipe. En 1530 trasladouse ao centro da illa, no lugar que ocupara a antiga vila india de Camagüey. En 1817 déuselle o título de cidade. Entre as construcións da época colonial destaca a catedral de 1617.