camallón

camallón
  1. s m
    1. Porción de terra que vai levantando o arado ao labrar.

    2. Tira de terra que queda entre dous sucos.

      Sinónimos: camballón.
    3. Terra das corredoiras que queda entre as rodelas formadas polo paso das rodas do carro.

  2. s m

    Anaco de terra que se deixa sen traballar para que sirva de paso a outras propiedades.

  3. s m [ETN]

    Parte saínte da peza principal do xugo, formada por tres dentes separados entre si, onde se introduce o loro que suxeita o xugo á cabezalla ou ao arado ao xunguir os bois.

    Sinónimos: camarzón, castelo.