Câmara, Hélder Pessoa

Câmara, Hélder Pessoa

Cardeal brasileiro. Ordenado sacerdote en agosto de 1931, foi designado bispo auxiliar de Rio de Janeiro en 1952 e posteriormente secretario xeral do episcopado brasileiro. No Concilio Vaticano II actuou como animador do grupo da Igrexa dos Pobres. Despois do Concilio creou o Movimento da Violência dos Pacíficos, que preconizaba un socialismo non totalitario. Loitador dos dereitos humanos e contra a inxustiza social, en 1973 asinou, canda outra ducia de bispos, o documento titulado Escoitei o berro do meu povo, no que denunciaba a situación de miseria do NL do Brasil. Despois de exercer como bispo de Recife entre os anos 1965 e 1985, presentou a súa renuncia e principiou unha campaña pola paz en todo o mundo. En 1974 foi galardoado co Premio Nobel Popular da Paz, distinción creada polo movemento das ONGs norueguesas á marxe das academias oficiais. Foi nomeado doutor honoris causa pola Université de La Sorbonne.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Fortaleza, Ceará

  • Deceso

    Lugar : Recife, Pernambuco