Camarena

Camarena

Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao NO da cidade de Toledo e ao O do Guadarrama (2.143 h [1996]). Situado nun val, a agricultura coa produción de cereais, legumes, viño e oliveiras, e a gandería lanar son a base da súa economía.