camariña

camariña

(< cámara)

  1. s f [PLANTA]

    Arbusto ramalludo de ata 100 cm de altura, con follas lineais de aspecto acanalado de ata 10 mm de longo e 1 mm de ancho, de bordos curvados. Só as flores masculinas presentan tres pétalos rosáceos e de catro milímetros de lonxitude. O froito é unha drupa rosácea, tamén chamada camariña. En Galicia ten o límite setentrional da súa distribución nos areais costeiros da costa atlántica da Península Ibérica e nas illas dos Açores, onde é unha especie endémica.

    Sinónimos: camariñeira, caramiña, caramiñeira.
  2. s f

    Pequeno cuarto da casa de campo, situado a carón da cociña ou sobre as escaleiras, onde os campesiños adoitaban durmir.

Palabras veciñas

camarilla | 1 camarín | 2 camarín | camariña | camariñán -ñá | Camariñas | Camariñas