Camariñas
Camariñas
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega que leva por armas escudo cortado: primeira partición, en campo de ouro un minguante de azul; segunda partición, faixado en ondas de azul e prata. Outra variante semellante á anterior trae, en campo de azul, un minguante de ouro e na punta tres faixas ondeadas de prata.