cámbium
cámbium
(< lat científico cambium)
-
s
m
[BOT]
Zona xeratriz constituída por células meristemáticas pouco diferenciadas e de membrana moi fina. Esta zona é a responsable do crecemento secundario en grosor dos talos e raíces dos vexetais que o posúen (ximnospermas e dicotiledóneas); produce xilema cara ao interior e floema cara ao exterior.
-
cámbium fascicular
[BOT]
Cámbium situado entre o xilema dos feixiños vasculares e o floema.
-
cámbium interfascicular
[BOT]
Cámbium situado entre os diversos feixiños vasculares.
-
cámbium suberóxeno
[BOT]
Cámbium que produce cortiza.
Sinónimos: felóxeno.