Cámbrico
Primeiro período e sistema en que se divide o Paleozoico ou Era Primaria. Constituíu un período de alta diversidade biolóxica no que apareceron múltiples tipos e clases de seres vivos. Sitúase por riba do Precámbrico e por debaixo do Ordovícico. Os materiais cámbricos depositáronse entre 570 e 500 Ma no fondo de grandes zonas xeosinclinais (greses, calcarias, xistos, cuarcitas, etc) que, posteriormente, deron lugar ás cordilleiras caledonianas e hercinianas. O Cámbrico é o primeiro movemento fosilífero. Gracias aos diferentes grupos de trilobites, o sistema está dividido en tres pisos: Cámbrico Inferior (ou Xeorxiano), Medio (ou Acadio) e Superior (ou Posdamiano). O nome provén de Gales (antiga Cambria), a área tipo. As áreas de materiais cámbricos en Galicia correspóndense coa Mariña Oriental.