Cambrils
Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya (17.536 h [1996]). A costa, duns 9 km de lonxitude, comprende a praia de Cambrils e unha parte da praia de Salou. O terreo, rodeado polos cumios de Llaveira e Prades, constitúe practicamente unha chaira. No que respecta ao cultivo da terra, o regadío desprazou progresivemente o secaño e produce principalmente hortalizas e froitas (sobre todo abelás), mentres que a gandería se centra nas granxas de avecío e porcinas. A pesca é unha importante actividade económica, da que se obteñen anualmente unhas 1.500 toneladas de peixe. A industria dispón de diversas fábricas de xeo, de industrias subsidiarias da actividade pesqueira, de bebidas, do moble, do metal e do vidro. Non obstante , o turismo é a principal actividade económica, o que propiciou que o municipio fose un centro comercial e de servicios importante. Este municipio data da época romana tal e como demostran os importantes restos arquelóxicos atopados en Llosa. Foi sometido polas tropas de Filipe V no transcurso da Guerra de Sucesión (Guerra dels Segadors), feito que rematou co derrubamento das murallas.