camembert*

camembert*
s m [ALIM]

Queixo brando fermentado de codia florecida, pasta homoxénea, mol e untuosa, e aroma característico; de forma xeralmente circular, elabórase desde a fin do s XVIII en Camembert (Normandía). Fabrícase con leite de vaca e o fungo causante do balor superficial é o Penicillium candidum. A súa creación atribúeselle a unha campesiña chamada Marie Harel, cara ao 1790, que se inspirou no método de elaboración propio do brie.

Palabras veciñas

Camelot | Camelot | Camelus | camembert* | camena | cameralismo | cameralista