cameralismo
-
s
m
[ECON]
Conxunto de doutrinas económicas, versión xermánica do mercantilismo, que teñen como principal característica perseguir a mellor administración e o aumento do patrimonio ou cámara do príncipe ou do estado. O primeiro gran cameralista foi o austríaco Johann Joachim Becher (1635-1682), quen vía no estado o motor para obter o maior poboamento, ao mesmo tempo que propugnaba unha organización gremial e mercantil controlada polo estado. Von Hörnigk (1638-1712) mostrou a ligazón do cameralismo co nacionalismo radical e autárquico co título da súa obra Österreich über alles, wenn es nur will (Austria por riba de todo, só con que o queira). O derradeiro gran cameralista, J. H. G. von Justi (1705-1771), admitiu o papel da competencia e do principio do egoísmo e conectou a actuación do estado co benestar público.
-
s
m
[POLÍT]
Sistema político baseado na suxeición do poder executivo ás cámaras parlamentarias.