Camerata Fiorentina
Camerata Fiorentina
Academia de poetas e músicos que, desde o final do s XVI ata o comezo do XVII, se reunía na casa do humanista Giovanni Bardi, en Florencia. Os seus membros, Vincenzo Galilei, Emilio dei Cavalieri, Giulio Caccini e Jacopo Peri foron os primeiros realizadores da opera in musica, orixe da ópera. O ideal destes artistas era crear un xénero dramático con música semellante ao teatro grego antigo. O resultado, sen embargo, foi a creación do estilo recitativo baseado no canto monódico en oposición á polifonía.